Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 23 de xullo de 1998 Páx. 8.360

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/65-2, 4946 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA).

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro nº 4, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., en polígono industrial de Morás (Xove).

Situación: Xove.

Características técnicas: liña de media tensión de 42 metros de lonxitude en conductor LA-56 a 20 kV sobre apoios de formigón. Centro de transformación de 160 kVA relación 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión de 355 metros de lonxitude en conductor R.Z.-95 y R.Z.-150.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nas condicións establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que consta no expediente.

Lugo, 10 de xuño de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

6287