Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA).
Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro nº 4, 27002 Lugo.
Denominación: soterramento liñas Meilán I e II. Lamas de Prado-depósito auga.
Situación: Lugo.
Características técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV en conductor D.H.Z.I. 12/20 kV 240 mm cunha lonxitude de 990 metros.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nas con
dicións establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que consta no expediente.
Lugo, 10 de xuño de 1998.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
5963