Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 22 de xullo de 1998 Páx. 8.323

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO de contratación.

Acordos da Comisión de Goberno en sesión celebrada o día 24 de xuño de 1998, polos que se aproban as contratacións por concurso das obras que a continuación se sinalan de acordo coas seguintes características:

Título da obraOrzamentoPrazo

Iluminación pública na Louzaneta (San Lázaro)9.363.660 ptas.3 meses

Iluminación pública na rúa Quinta de Pérez e rúa río Oribio8.600.183 ptas.2 meses

Iluminación pública na parroquia de Carballido, 2ª fase5.995.612 ptas.2 meses

Iluminación pública na rúa Catón e outras (cadro de mando A)10.903.369 ptas.2 meses

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a execución das obras antes sinaladas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamentos bases de licitación.

Os sinalados anteriormente.

5. Garantías.

Provisional: o 2% sobre do orzamento de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Quiroga Ballesteros, s/n.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27001.

d) Teléfono: 982 29 71 43.

e) Telefax: 982 29 71 03.

f) Data limite de obtención de documentos e información: ata o día de remate do prazo de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: os sinalados nos pregos.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais contados desde o seguinte o da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula oitava do prego de condicións económico-administrativas.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo. Oficina de texistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Domicilio: praza Maior, 1.

3ª Localidade e código: Lugo.27001.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

e) Admisión de variantes (concurso): as que os licitadores coiden convenientes.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: praza Maior, 1.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o terceiro día hábil, agás sábado, posterior ó prazo de remate das proposicións. O dito prazo ampliarase ata o décimo primeiro día no suposto de recibirse regulamentariamente aviso de presentación de proposicións por correo.

10. Outras informacións: as que se recollen nos pregos de condicións e no teléfono indicado no punto 6 d).

11. Gastos de anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 30 de xuño de 1998.

Joaquín Mª García Díez

Alcalde

José A. Mourelle Cillero

Vicesecretario habilitado

6965