1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Universidade de Vigo. b) Dependencia que trámita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación. c) Nº de expediente: 16/1998.
2. Obxecto do contrato: a) Descrición do obxecto: equipo xeofísico de testificación en pozo. b) Número de unidades que hai que entregar: as especificadas no prego de cláusulas. c) División por lotes e número: ... d) Lugar de entrega: o que se indique no contrato. e) Prazo de entrega: un mes.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: a) Tramitación: urxente. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación: importe total 7.000.000 de ptas.
5. Garantías: provisional: 2% do importe de licitación. Definitiva: 4% do importe de licitación.
6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: Universidade de Vigo, Servicio de Xestión Económica e Contratación. b) Domicilio: r/ Areal, nº 46-2ª planta. c) Localidade e código postal: Vigo, 36201. d) Teléfono: 986 81 35 71. e) Telefax: 986 81 35 54. f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó da finalización do prazo de presentación de ofertas.
7. Presentación das ofertas: a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego
de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: 1ª entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo. 2ª Domicilio: r/ Areal nº 46, planta baixa. 3ª Localidade e código postal: Vigo, 36201. d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses. e) Admisión de variantes: non se admiten.
8. Apertura de ofertas: a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo. b) Domicilio: r/ Areal, nº 46-1ª planta. c) Localidade: Vigo, 36201. d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas. e) Hora: 13 horas.
9. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.
Vigo, 15 de xullo de 1998.
P.D. (Resolución 24-6-1998)
Julio Taboada Pérez
Xerente da Universidade de Vigo
6973