Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 22 de xullo de 1998 Páx. 8.317

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 1998, da Dirección Xerencia do Hospital Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o concurso público número 5/1998, trámite urxente, polo procedemento aberto, para a subministración sucesiva de dializadores, liñas e líquidos.

A Dirección Xerencia do Hospital Provincial de Pontevedra, en virtude das atribucións que lle foron delegadas de acordo co establecido na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (DOG 88, do 11 de maio), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca o seguinte concurso público:

Obxecto e orzamento:

Contratación de: adquisición mediante subministración sucesiva de dializadores, liñas e líquidos. Determinación do prezo unitario máximo.

Orzamento estimado: 21.864.600 ptas. (vinteún millóns oitocentas sesenta e catro mil seiscentas pesetas), quedando desagregado segundo o lote no prego de prescricións técnicas.

Prazo de execución:

Desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 1998. Non obstante, conforme o previsto no Art. 4 de la LCAP, a presente contratación poderá ser obxecto de prórroga por mutuo acordo das partes, sen que a duración total do contrato incluídas prórrogas poida exceder de dous anos.

Forma de adxudicación:

Procedemento aberto por medio de concurso público nº 5/98, trámite urxente.

Admisión de variantes:

Non se admite a presentación de variantes.

Solvencia económica e financeira:

Acreditarase polos medios previstos no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica:

Acreditarase polos medios previstos no artigo 18 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Fianza provisional: 437.922 ptas. Quedando segundo lote:

Lote 1: 253.940 ptas.

Lote 2: 120.460 ptas.

Lote 3: 62.892 ptas.

Criterios de adxudicación:

Valoración económica: ata 5 puntos.

Calidade: ata 3 puntos.

Prazo de entrega: ata 2 puntos.

Documentación de interese para os licitadores:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados no departamento de subministracións e contratacións do Hospital Provincial de Pontevedra, r/ Loureiro Crespo nº 1, das 9 ás 14 horas, de luns a venres (Tfno.: 986 80 70 03 e fax: 986 80 70 51).

Presentación de proposicións:

Deberanse presentar en man, en sobre pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste hospital provincial, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por corredo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax 986 80 70 51 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.

Apertura de proposicións:

Terá lugar nun acto público na sala de xuntas do Hospital Provincial de Pontevedra ás 9 horas do décimo primeiro día natural contados desde o seguinte día a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores:

Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios:

O pagamento dos anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Pontevedra, 6 de xullo de 1998.

Alfredo García Iglesias

Director xerente do Hospital Provincial

de Pontevedra