Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 22 de xullo de 1998 Páx. 8.310

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 1998 pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto, tramitación urxente, dun contrato de consultoría e asistencia para a realización da análise económica, financeira e estatística en materias que son competencia da Consellería de Industria e Comercio.

Entidade adxudicadora: Consellería de Industria e Comercio.

Organismo: Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

Número de expediente: 3/1998.

Obxecto do contrato: estudio, análise e elaboración dos informes técnicos correspondentes á actividade económico financeira das cámaras de comercio e fundacións, e a modificación de tarifas da comisión de prezos.

Lugar de execución: Santiago de Compostela.

Prazo de execución: o prazo de execución e entrega dos traballos comprende desde o día seguinte ó da sinatura do contrato ata o 30 de decembro de 1998.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: catro millóns cincocentas mil pesetas (4.500.000 ptas.).

Garantías:

Provisional: 2% do orzamento de contrato (90.000 ptas.).

Obtención de documentación e información:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Teléfono: 981 54 55 22.

Fax: 981 57 34 69.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

Data límite de presentación: no prazo de trece días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, por tratarse dun expediente de tramitación urxente ó abeiro do disposto no artigo 72 da Ley de contratos das administracións públicas.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8ª de prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

Entidade: Consellería de Industría e Comercio.

Domicilio: San Caetano.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta:

3 meses segundo o artigo 90 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Admisión de variantes: non se admiten.

Apertura das ofertas.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Data: décimo primeiro día seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. Se éste fose inhábil ou sábado, posporase ó primeiro día hábil seguinte.

Hora: dez horas.

Gastos de anuncios: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 1998.

P.D. (Orde 18-5-1994, DOG 100)

Manuel Barreiro Barbeito

Secretario xeral da Consellería de Industria

e Comercio

6959