Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 22 de xullo de 1998 Páx. 8.308

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico de Montouto para os efectos de presentación de solicitudes en competencia.

De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico de Montouto coas seguintes características:

Peticionario: Norvento S. Limitada, rúa Ribadeo 2, entreplanta 27002 Lugo.

Situación: concellos de Abadín e Muras (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM): V1 (616.530, 4.812.800); V2 (617.970, 4.813.140); V3 (618.384, 4.810.736), V4 (616.597,

4.810.479); V5 (615.413, 4.813.034); V6 (615.986, 4.813.146).

Superficie afectada: 531 ha.

Potencia bruta: 20,46 Mw.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de vinte días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica de Galicia.

Lugo, 29 de xuño de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

6956