Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 22 de xullo de 1998 Páx. 8.307

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 1998, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude de concesión derivada do permiso de investigación denominado Don Vasco, número 6765.1, da provincia da Coruña.

O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG número 188, do 25 de setembro), dispón que os estudios de impacto ambiental se someterán ó trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, o estudio de impacto ambiental e plan de restauración da solicitude da concesión derivada do permiso de investigación denominado Don Vasco, nº 6765.1, situado no concello de Laxe, provincia da Coruña, e solicitado por Caolines de Vimianzo, S.A.

Para os efectos informativos porase a disposición dos administrados que o soliciten un exemplar del para consulta nas oficinas desta dirección xeral así como nas dependencias da Delegación Provincial de Industria correspondente e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

6457