Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 22 de xullo de 1998 Páx. 8.289

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 1998, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas para a cobertura, con carácter temporal, mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, e correspondentes ós corpos superior, de xestión, administrativo, auxiliar e subalterno da Xunta de Galicia (grupos A, B, C, D e E), de conformidade co punto terceiro da Resolución do 15 de xuño de 1998 (DOG número 117, do 19 de xuño).

Publicada a Resolución do 15 de xuño de 1998(DOG nº117, do 19 de xuño) relativa á publicación das listas para a cobertura, con carácter temporal, mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, e correspondentes ós corpos superior, de xestión, administrativos, auxiliar e subalterno da Xunta de Galicia(grupos A, B, C, D e E) e unha vez rematado o prazo previsto no punto terceiro da citada resolución, constatada a existencia dalgúns erros materiais nas listas publicadas por parte da comisión permanente de selección de persoal para a cobertura de postos de traballo reservados a funcionarios, na

súa sesión celebrada o 15 de xullo de 1998, unha vez elevada a correspondente proposta, esta dirección xeral resolve:

Primeiro.- Facer públicas unha vez emendados os erros materiais constatados, as listas para a cobertura con carácter temporal para o nomeamento de persoal interino de postos de traballo reservados a funcionarios, correspondentes ós corpos superior, de xestión, administrativo, auxiliar e subalterno da Xunta de Galicia (grupos A, B, C, D e E) da forma que a continuación se indica:

Anexo I: figuran os solicitantes incluídos nas listas.

Anexo II: figuran os solicitantes excluídos con expresión das causas de exclusión.

Segundo.-Os citados anexos encóntranse expostos nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo, e nos das oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-De conformidade co establecido no apartado terceiro da Resolución do 15 de xuño de 1998 (DOG nº 117, do 19 de xuño), as listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Para os efectos de información o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 e horarios de 9 a 19 horas de luns a venres e de 9 a 14 horas os sábados.

Cuarto.-Contra a presente resolución poderán os interesados interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes a partir da publicación da presente resolución no DOG.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 1998.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

6924