Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 21 de xullo de 1998 Páx. 8.278

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CAPELA

ANUNCIO de licitación.

De conformidade co disposto no artigo 79 da Lei 13/1995, do 18 de mio, de contratos das administracións públicas, anúnciase licitación e contratación polo sistema de concurso con procedemento aberto e trámite ordinario da obra incluída no Fondo

de Cooperación coas Entidades Locais 1998. Programa: PIEL.

1. Entidade adxudicataria.

Organismo: Concello da Capela.

Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2. Obxecto do contrato.

É a execución da seguinte obra: saneamento nas Neves.

3. Duración do contrato.

Cinco meses.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

5. Orzamento de licitación.

Seis millóns sete mil novecentas vinte (6.007.920) pesetas, IVE engadido.

6. Garantías.

Provisional: 2% do importe de licitación.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación do contratista: non se esixe.

8. Presentación de ofertas.

Data límite de presentación: dentro dos 26 días naturais seguintes á derradeira inserción deste anuncio no DOG ou BOP.

9. Documentación que hai que presentar.

A prevista nos pregos-tipo de cláusulas administrativas particulares pola deputación provincial en data de vintesete de maio de mil novecentos noventa e seis, así como modificación puntual das mesmas en data vinteoito de novembro de mil novecentos noventa e seis, (publicadas no BOP nº 123, do 30 de maio, e nº 282, do 9 de decembro).

10. Gastos dos anuncios.

Tódolos gastos orixinados pola publicación dos anuncios de licitación e contratación serán por conta do contratista adxudicatario.

A Capela, 29 de xuño de 1998.

Ángel López Sueiro

Alcalde-presidente

6798