Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 21 de xullo de 1998 Páx. 8.273

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/235-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Trasmonte.

Situación: Neda.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón, en conductor LA-56, de 609 m de lonxitude, co orixe na liña Fervenza-Vilallonte (expediente 33231) e remate no C.T. Trasmonte que se vai instalar. Centro de transformación aéreo, de 50 kVA e tensións de 15/20/0,380-0,220 kV en Trasmonte, do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 930 m de lonxitude. Neda.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 16 de xuño de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

6277