Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 21 de xullo de 1998 Páx. 8.272

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/216-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Bos.

Situación: Bergondo.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 217 m de lonxitude, con orixe na liña 4 subestación San Marcos tramo enlace C.T. orfebre-C.T. capataces, e remate no C.T. Bos que se vai instalar. Centro de transformación, tipo prefabricado, de 160 kVA e tensións de 15-20/0,380-0,220 kV, do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 261 m e rede subterránea baixo tubo, con conductor R.V. de 246 m. Bergondo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alega

cións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 15 de xuño de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

6278