Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 21 de xullo de 1998 Páx. 8.271

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/122-2, 5008 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA).

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro nº 4, 27003 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Barxa. Castro de Rei.

Situación: Castro de Rei.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV de 550 metros de lonxitude en conductor LA-56 sobre apoios de formigón. Dous centros de transformación de 75 kVA relación 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión en conductor R.Z. 0,6/1 kV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 11 de xuño de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

6281