Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 20 de xullo de 1998 Páx. 8.243

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAMARÍN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno en sesión celebrada o día 1 de xullo de 1998 aprobou os pregos de cláusulas administrativas que rexerán os procedementos abertos polo trámite ordinario para a contratación por concurso das obras de saneamento e pavimentación no Curuxal, a Ra e A Pousa (programa PIEL 1998) e de saneamento e pavimentación no Barrio e Cazarrrande (Plan Comarca Acción Especial 1998), que se expoñen ó público polo prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP de Ourense ou no DOG, para que se poidan presentar reclamacións.

Simultaneamente anúncianse concursos públicos polo trámite ordinario, se ben as licitacións aprazaranse cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra os citados pregos.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Comisión de Goberno do Concello de Vilamarín.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto dos contratos. Descrición:

a) A execución da obra de saneamento e pavimentación no Curuxal, A Ra e A Pousa, de acordo co proxecto técnico redactado polo enxeñeiro de camiños Pablo González Rodríguez.

Prazo de execución: 4 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamentos base de licitación.

a) Obra de saneamento e pavimentación no Curuxal, A Ra e A Pousa o orzamento de execución por contrata e tipo de licitación ascende á cantidade de 12.311.784 pesetas.

b) Obra de saneamento e pavimentación no Barrio e Cazarrande o orzamento de execución por contrata e tipo de licitación ascende á cantidade de: 11.829.600 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: será do 2% do orzamento de contrata da obra.

Definitiva: será do 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Vilamarín.

b) Domicilio: A Pena, Reádegos.

c) Localidade: Vilamarín, código postal 32101.

d) Teléfono: 988 28 60 00.

e) Fax: 988 28 60 00.

f) Data límite da obtención de documentación e información: o último día do prazo para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Non se esixe clasificación para ningunha das obras citadas.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite: para a presentación de ofertas para tomar parte nas citadas contratacións, dentro dos 26 días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP de Ourense ou no DOG. Se o último día fose inhabil ou sábado o prazo rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica nos pregos de cláusulas administrativas que rexen as citadas contratacións, conforme os modelos que os ditos pregos establecen e da forma que se indica na base 19ª de cada prego.

c) Lugar de presentación: Concello de Vilamarín.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Concello de Vilamarín.

b) Data: obra de saneamento e pavimentación no Curuxal, A Ra e A Pousa, ás trece horas do terceiro día hábil posterior á finalización do prazo de presentación de proposicións (excepto sábados). Obra de saneamento e pavimentación no Barrio e Cazarrande ás catorce horas do terceiro día hábil posterior á finalización do prazo de presentación de proposicións (excepto sábados).

Vilamarín, 2 de xullo de 1998.

Amador Vázquez Vázquez

Alcalde

6440