Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 20 de xullo de 1998 Páx. 8.226

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/212-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Hidroeléctrica del Zarzo, S.A.

Domicilio social: r/ Mancebo, 6, 15600 Pontedeume.

Denominación: L.M.T., C.T. Ría de Ares

Situación: Pontedeume.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 330 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 240 mm Al, que entronca na L.M.T. subterránea a C.T. urbanización Villanueva, entra e sae no C.T. que se vai construír na Ría de Ares. C.T. tipo interior de 250 kVA a 15.000±2,5-5%/398-230 V. Concello de Pontedeume.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 11 de xuño de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

6075