Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 20 de xullo de 1998 Páx. 8.224

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/159-1).

Para os efectos previstos na Lei 5471997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: R.B.T. Cruces.

Situación: Padrón.

Características técnicas: liñas eléctricas de baixa tensión, a 380-220 V sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. en seccións de 25 e 50 mm Al, de 255 m de lonxitude, con orixe no C.T. A Escravitude e discorrendo polo lugar da Escravitude de 930 m de lonxitude, con orixe no C.T. Cruces e discorrendo polo lugar de Cruces. Padrón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 10 de xuño de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

6079