Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 20 de xullo de 1998 Páx. 8.219

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia a contratación mediante procedemento aberto de concurso público, con tramitación urxente, das obras de substitución de cuberta, carpintería exterior e obras varias no C.P. de primaria de Leiro (Ourense) e outras.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Centro directivo: Delegación Provincial de Ourense.

2. Obxecto do contrato.

2.1. a) Descrición do obxecto: substitución de cuberta, carpintería exterior e obras varias no C.P. de primaria de Leiro (Ourense).

b) Prazo de execución: 7 meses.

c) Orzamento da obra: 9.613.702 ptas., IVE incluído, dividido en dúas anualidades:

1998: 2.000.000 de ptas.

1999: 7.613.702 ptas.

d) Fianza provisional: o 2% do orzamento da contrata.

e) Clasificación esixida: exenta.

2.2. a) Descrición do obxecto: reforzo de forxado e adaptación de local para cafetería no IES A Farixa de Ourense.

b) Prazo de execución: 7 meses.

c) Orzamento da obra: 12.000.000 de ptas., IVE incluído, dividido en dúas anualidades:

1998: 6.000.000 de ptas.

1999: 6.000.000 de ptas.

d) Fianza provisional: o 2% do orzamento da contrata.

e) Clasificación esixida: exenta.

2.3. a) Descrición do obxecto: cubrición de pista polideportiva no IES da Pobra de Trives (Ourense).

b) Prazo de execución: 7 meses.

c) Orzamento da obra: 24.976.733 ptas., IVE incluído, dividido en dúas anualidades:

1998: 10.000.000 de ptas.

1999: 14.976.733 ptas.

d) Fianza provisional: o 2% do orzamento da contrata.

e) Clasificación esixida: grupo C, categoría c.

2.4. a) Descrición do obxecto: substitución de cuberta, carpintería exterior e obras varias no C.P. de primaria de Ramirás (Ourense).

b) Prazo de execución: 7 meses.

c) Orzamento da obra: 9.591.162 ptas., IVE incluído, dividido en dúas anualidades:

1998: 2.000.000 de ptas.

1999: 7.591.162 ptas.

d) Fianza provisional: o 2% do orzamento da contrata.

e) Clasificación esixida: exenta.

2.5. a) Descrición do obxecto: substitución de cuberta, carpintería exterior e obras varias no C.P. Princesa de España de Verín (Ourense).

b) Prazo de execución: 7 meses.

c) Orzamento da obra: 19.210.000 ptas., IVE incluído, dividido en dúas anualidades:

1998: 3.500.000 ptas.

1999: 15.710.000 ptas.

d) Fianza provisional: o 2% do orzamento da contrata.

e) Clasificación esixida: grupo C, categoría c.

Non será necesaria a presentación de garantía provisional por parte de aquelas empresas que acrediten a clasificación requirida a teor do prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en man no rexistro xeral da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Ourense, antes das 14 horas do décimo terceiro día hábil a partir do día seguinte ó da publicacion do concurso no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deben presenta-los licitadores: no sobre A de documentación xeral, a establecida na cláusula 9.1 do prego de cláusulas administrativas.

No sobre B: proposición económica segundo o establecido na cláusula 9.2 do prego de cláusulas administrativas.

No sobre C de referencias técnicas, a establecida na cláusula 9.3 do prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Ourense, a partir das 9 horas do cuarto día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estará á disposición dos licitadores, para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles de oficina no Servicio de Contratación da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria, sito na rúa Concello 11, Ourense, teléfono 988 21 04 20.

Anuncios: o importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Ourense, 9 de xullo de 1998.

P.D. (Decreto 87/1990, do 15 de febreiro)

José Luis Vázquez Fernández

Delegado provincial de Ourense

5194