De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse: requirimentos de documentación pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.
O acto foi adoptado polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, en aplicación do artigo 35 da Lei xeral tributaria.
A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, perante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con domicilio na praza de América, bloque 1, portal oficinas, 2ª planta, Vigo.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Vigo, 19 de xuño de 1998.
Pedro J. Arbolí Albarracín
Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)
ANEXO
Interesado/a Procedemento
DNI: 35979296
Teófilo Llorente 16, 4ºD
Vigo
Costas Reynaldo Antonio
Imposto sucesións e doazóns Exp. 1566/94. Liquidación S-405/97
6364