Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 17 de xullo de 1998 Páx. 8.196

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, na sesión ordinaria do día 19 de xuño do actual adoptou, co quórum legal da maioría absoluta, o seguinte acordo de aprobación definitiva do estudio de detalle Promociones Galpor, S.L.:

a) Desestima-la reclamación presentada e aprobar definitivamente o estudio de detalle promovido por Promociones Galpor, S.L.

b) Publicar este acordo de aprobación definitiva no DOG e no BOP. Así mesmo, publicarase no BOP o documento que conteña a normativa e as ordenanzas.

c) Comunicarlle este acordo á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e ó mesmo tempo darlle traslado dunha copia autenticada do expediente administrativo completo e de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con tódolos planos e documentos que integren o estudio de detalle sobre os que recaeu este acordo de aprobación definitiva, debidamente dilixenciados polo secretario deste concello, facendo consta-lo dito extremo.

d) A eficacia desta aprobación definitiva e a súa entrada en vigor quedan condicionadas ó cumprimento do disposto no citado artigo 48 e no 70.2º da Lei reguladora das bases do réxime local.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra o referido acordo os interesados poden interpoñe-los seguintes recursos:

a) Contencioso-administrativo, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da notificación deste acordo.

b) Calquera outro que considere conveniente.

O Porriño, 25 de xuño de 1998.

José Manuel Barros González

Alcalde