Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 17 de xullo de 1998 Páx. 8.195

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PARADELA

ANUNCIO.

Convocatoria de concurso con procedemento aberto, de tramitación urxente, para a execución da obra de pavimentación de acceso ó Campo da Feira e rúa Ruxidoira, incluída no Fondo de Cooperación Local-Piel 1998.

Aprobado polo Concello Pleno en sesión con data do 26 de xuño de 1998 o prego de cláusulas administrativas particulares que rexeraán a contratación da obra de pavimentación de acceso ó Campo da Feira e rúa Ruxidoira polo procedemento aberto, forma de adxudicación concurso e de tramitación urxente, exponse ó público polo prazo de oito días hábiles para os efectos previstos no artigo 122º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

De conformidade co establecido polo artigo 122.2º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, anúnciase simultaneamente o concurso de referencia se ben a licitación se aprazará no suposto de producirse reclamacións contra o prego anteriormente sinalado, ata a súa resolución pola corporación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Paradela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

Execución da obra incluída no proxecto de pavimentación de acceso ó Campo da Feira e rúa Ruxidoira.

3. Prazo de execución: nove (9) meses.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

5. Orzamento base de licitación: 11.700.000 ptas., IVE incluído.

6. Garantías.

-Provisional: 2% do orzamento de licitación (234.000 ptas.).

-Definitiva: 4% do orzamento de licitación (468.000 ptas.).

7. Obtención de documentación e información.

-Concello de Paradela, Avda. Xeneralísimo, s/n, Paradela (Lugo). Tfno.: 982 54 11 01.

8. Lugar e prazo de presentación de proposicións.

-As ofertas presentaranse no rexistro xeral do Concello de Paradela de 9 a 14 horas durante o prazo de trece días naturais, contados desde a última publicación do presente anuncio de licitación no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia.

9. Documentación que hai que presentar.

-As proposicións presentaranse en tres sobres pechados.

-Sobre A, subtitulado oferta económica, que deberá formularse conforme o modelo que figura no anexo I do prego.

-Sobre B, subtitulado personalidade xurídica, conterá a documentación á que se refire a cláusula 9.2 do prego.

-Sobre C, subtitulado referencias técnicas, cláusula 9.3.

10. Requisitos específicos do contratista.

-Clasificación: non se esixe.

-Solvencia económico-financeira e técnica: acreditarase de conformidade co establecido na cláusula 9 do prego.

11. Apertura de ofertas.

No salón de sesións da Casa do Concello de Paradela ás doce horas do día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións; no caso de ser sábado trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

12. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Paradela, 30 de xuño de 1998.

José Manuel Mato Díaz

Alcalde

6326