Convócase concurso público por procedemento aberto, trámite de urxencia, para a subministración dun sistema calorímetro diferencial de varrido (DSC) para o servicios xerais de apoyo á investigación.
O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de subministracións por concurso público pódese retirar na xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do rectorado sita en r/ Mestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.
As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, r/ Mestranza, s/n de luns a venres e de 9 a 14 horas.
O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da xerencia; se este día coincide en sábado realizarase o luns seguinte á mesma hora.
Orzamento de contratación: cinco millóns novecentas noventa e dúas mil cincocentas sesenta de pesetas (5.992.560).
Garantía provisional: cento dezanove mil oitocentas cincuenta e unha pesetas (119.851).
A Coruña, 10 de xullo de 1998.
José Luis Meilán Gil
Rector da Universidade da Coruña
6780