Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez 45, 32003 Ourense.
Denominación: C.T., R.B.T. Arrotz (Feira Vella).
Situación: Monterroso.
Descricións técnicas: C.T. de 830 kVA relación 20.000/380-220 V. R.B.T. subterránea de 71 m en conductor R.V.-0,6/1 kV Al.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Lugo, 29 de maio de 1998.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
6093