Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 16 de xullo de 1998 Páx. 8.100

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 178/1998).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28-11-1997), e decretos 2617 e 2619/1966,

do 30 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24-10-1966), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con enderezo na Avda. de Arteixo, 171, da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e a aprobación do proxecto de execución das instalacións da liña eléctrica aérea a 15/20 kV cunha lonxitude de 0,533 km con orixe na L.M.T. o C.T. de Pousadoira e final no C.T. proxectado de Vigo, cunha potencia de 50 kVA 20.000/380-220 V tipo intemperie, e unha liña de baixa tensión de 0,11 km de lonxitude, con orixe no C.T. de Vigo, conductor tipo R.Z. e apoios de formigón. Liña de media tensión aérea a 15/20 kV con unha lonxitude de 0,260 km con orixe na L.M.T. o C.T. de Retriz e final no

C.T. proxectado de Cachufeira, cunha potencia de 50 kVA 20.000/380-220 V tipo intemperie, e unha liña de baixa tensión de 0,065 km de lonxitude, con orixe no C.T. de Cachufeira e conductor tipo R.Z. (Expediente 178/1998).

Finalidade: mellora-la seguridade e calidade da subministración de enrxía eléctrica ós usuarios da

zona de Vigo e Cachufeira (termo municipal de Miño).

En consecuencia, calquera persoa e os interesados que figuran na relación anexa, ós que se lles practica notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria poderán rectifica-la titularidade dos predios, se este é o caso, e solicitar datos para a identificación dos bens que se afecten; e examina-lo proxecto nesta delegación, sección 3ª enerxía, 2ª planta, edificio administrativo Monelos, praza de Luis Seoane, s/n, 15071 A Coruña; así mesmo, poderán formular por escrito alegacións en razón do disposto na Lei 54/1997 e nos decretos citados, dentro do prazo de trinta días seguintes ó da presente publicación.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resulta-los titulares dos predios propostos como descoñecidos ou cando se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 5 de xuño de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 178/98. Provincia: A Coruña.

L.M.T., C.T. e R.B.T. en Vigo a C.T. de Caci.Termo municipal: Miño.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1/1Terreo GrandePradoLuis Martínez RegueiraRetriz-Callobre, 15635 Miño, A Coruñaœ1187720

7/1GuldriñasLaborCarmen Penas CabanasAvda. Xeneralísimo-Villacarmen 17, 15630 Miño3 e C.T.889875

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 178/98. Provincia: A Coruña.

L.M.T., C.T. e R.B.T. en Vigo a C.T. de Vigo.Termo municipal: Miño.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1PousadoiraLaborAntonia Miño SeijasArmada-Vilamaior, 15637 A Coruña41335

4PousadoiraPradoAntonia Miño SeijasArmada-Vilamaior, 15637 A Coruña36350

9FontesPradoHumberto Manteiga AmadoMerced 69-6ºA, 15009 A Coruñaœ2145380

10FontesPradoMaría Manteiga PlazaMerced 69-6ºA, 15009 A Coruñaœ2176760

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

14FontesMonte altoAntonia Miño SeijasArmada-Vilamaior, 15637 A Coruñaœ3112190

15FontesPrado e labradíoJosé Lorenzo DíazVigo-Callobre, 15635 Miño, A Coruñaœ3,4 e C.T.91701700

5979