Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 16 de xullo de 1998 Páx. 8.099

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/114-2, 5000 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: r/ Sáenz Díez 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Arroxo (Becerreá).

Situación: Becerreá.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV de 43 metros de lonxitude en conductor LA-56 sobre apoios de formigón. Centro de transformación de 50 KVA relación 20.000/380-220V. Rede de baixa tensión 380/220V. de 960 metros de lonxitude en conductor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 2 de xuño de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

5851