Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 16 de xullo de 1998 Páx. 8.092

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Terrirorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 13 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes contratos:

1. Adquisición de dous equipos completos de pesaxe con básculas electrónicas de roda.

Adxudicatario: Sociedad para Investigaciones y Aplicaciones Industriales, S.A. (Siaisa).

Orzamento: 9.801.072 pesetas.

Prazo de entrega: vinte días.

2. Adquisición de tres vehículos turismo, un do grupo B e dous do grupo D-1.

Adxudicatario: Noyamovil, S.L.

Orzamento: 8.000.000 de pesetas.

Prazo de entrega: quince días.

3. Asistencia técnica para a mellora da rede ferroviaria de Galicia, segunda fase.

Adxudicatario: Emilio Magdalena Carreño.

Orzamento: 11.074.950 pesetas.

Prazo de execución: oito meses.

O que en cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo, perante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 1998.

P.D.(Orde 13-12-9193).

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

6255