Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 16 de xullo de 1998 Páx. 8.091

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO VINTECINCO DE MADRID

EDICTO (19/1990).

Eu, Mª Josefa González Huergo, secretaria xudicial do Xulgado do Social número veintecinco de Madrid, fago saber que neste xulgado se seguen autos co nº D-281/1989, hoxe execución nº 19/1990, por instancia de Roberto González Cerecedo e Miguel Ángel Nieto Solís, contra a empresa Publicaciones de Galicia, S.A., en reclamación por procedemento ordinario, nos que con data do 8-6-1998, se dictou providencia do teor literal seguinte:

Dilixencia. En Madrid o oito de xuño de mil novecentos noventa e oito.

Redáctoa eu, a secretaria, para facer constar que se presentou escrito con data do 4-6-1998, pola parte executante, do que paso a dar conta a S.Sª Ilma. Dou fe.

Providencia maxistrado-xuíz Asenjo Pinilla.

En Madrid o oito de xuño de mil novecentos noventa e oito.

Dada conta; únase o anterior escrito presentado polos executantes, e, como solicitan, amplíese o incidente con respecto á entidade mercantil Distribuidora Gallega de Publicaciones, S.A. (Disgasa), integrante do denominado Grupo Voz, con domicilio na r/ Concepción Arenal, 11 e 13 da Coruña, para o

cal son citados para a comparecencia do próximo día 9-7-1998, ás 9 horas da súa mañá, na sala de audiencias deste xulgado, sita na r/ Hernani, 59, 5º, desta cidade. Advírteselles de que deberán concorrer cos medios de proba dos que intenten valerse.

Así mesmo, admítense as probas propostas.

-Líbrese exhorto ó Xulgado do Social número cinco de Vigo (Pontevedra), para que expidan testemuño literal e íntegro da sentencia dictada con data do 11 de maio de 1998 nos autos nº 122/1998, con expresión de firmeza ou recursos interpostos.

-Líbrese exhorto ó Xulgado de Primeira Instancia número dezanove desta capital, para que expida testemuño literal e íntegro do auto dictado con data do 19 de xaneiro de 1998 nos autos de quebra voluntaria nº 808/1997.

-Líbrese mandamento ó notario da Coruña, Alba Puente, para que expida copia autorizada da escritura de compravenda outorgada o 19 de xaneiro de 1998 co número de protocolo 190/1998 entre as entidades mercantís Distribuidora Gallega de Publicaciones, S.A. e Ediciones Periodísticas, S.L.

-E confesión xudicial, para que baixo xuramento indecisorio dos representantes legais das entidades mercantís Grupo de Analistas de Cartera, S.A. (ACSA), Publicaciones de Galicia, S.A. (Pugasa), Ediciones Periodísticas, S.L. e Distribuidora Gallega de Publicaciones, S.A. (Disgasa), respondan ó prego de posicións que no seu día acheguen os executantes, quedando citados por medio da notificación do presente edicto, baixo o apercibimento que, de non comparecer, se lles poderá ter por confesos.

En canto ó outrosi, non procede o solicitado, sen prexuízo de que o poidan nomear representante conforme o disposto no artigo 18º do TRLPL.

Notifíqueselle-la presente resolución ás partes, advertíndoos que contra esta cabe interpor recurso de reposición no prazo de tres días hábiles contados desde o seguinte ó da súa notificación.

Así o mandou e asina SSª Ilma. Dou fe.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario xudicial

Rubricado

Dilixencia. Seguidamente cúmprese o ordenado, enviándolle a cada un dos afectados un sobre por correo certificado con xustificante de recepción que contén copia da anterior resolución, na forma prevista no artigo 56 da LPL. Dou fe.

E para que lle sirva de notificación e citación a Publicaciones de Galicia, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto en Madrid o dez de xuño de mil novecentos noventa e oito.

O secretario xudicial

Rubricado

6509