Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 16 de xullo de 1998 Páx. 8.090

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO UN DE VIGO

EDICTO (844/1997).

O maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número un de Vigo, no expediente de suspensión de pagamentos número 844/1997, promovido polo procurador Javier Toucedo Rey en representación da entidade Vidrios Automáticos del Noroeste, S.A., acordou a suspensión da Xunta Xeral de Acredores, e que no sucesivo o expediente referido se acomode ó procedemento escrito, e concedéuselle á entidade suspensa o prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación da devandita resolución, para que presente ó xulgado a proposición do convenio e faga constar de xeito que dea fe o voto favorable dos acredores respecto a el.

E para que sirva de publicidade ós fins dispostos, expido este edicto en Vigo o un de xullo de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado

6142