Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 15 de xullo de 1998 Páx. 8.059

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO.

Por resolución da Alcaldía, con data de hoxe, foi aprobado o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá o concurso por procedemento aberto da obra de substitución do pavimento da pista do centro polideportivo municipal-1, o cal se expón ó público polo prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio no BOP para que poidan presentarse reclamacións.

Simultaneamente anúnciase concurso, se ben a licitación se aprazará, cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: alcalde.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría do concello. Negociado de contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: substitución do pavimento da pista do centro polideportivo municipal-1, conforme o prego de cláusulas administrativas, e proxecto técnico, redactado polo arquitecto técnico municipal.

b) Lugar de execución: municipio do Porriño, rúa Doantes de Sangue s/n.

c) Prazo de execución: un mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicacion.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación e criterios de selección que se utilizarán para a adxudicación da obra.

Orzamento base de licitación: importe total 19.165.912 pesetas.

Criterios de selección para a adxudicación da obra: os sinalados na cláusula 2ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Garantías.

Provisional: 383.318 ptas. equivalente ó 2% do orzamento do contrato base da licitación na forma prevista no prego de cláusulas administrativas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello do Porriño.

b) Domicilio: rúa Antonio Palacios, nº 1.

c) Localidade e código postal: O Porriño, 36400.

d) Teléfono: 986 33 13 01 e 986 33 05 79.

e) Telefax: 986 33 58 50.

f) Data límite de obtención de documentación e información: o día anterior a finaliza-lo prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os especificados no prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: finalizará ós trece días naturais contados desde o último seguinte ó da data de publicación do anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada na cláusula 17ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral do Concello do Porriño, de nove a catorce horas, tódolos días excepto sábados, que será de nove a trece horas.

2ª Domicilio: rúa Antonio Palacios, nº 1.

3ª Localidade e código postal: O Porriño, 36400.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Concello do Porriño.

b) Domicilio: rúa Antonio Palacios, nº 1.

c) Localidade: O Porriño.

d) Data: o quinto día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo sinalado para a presentación de ofertas.

e) Hora: ás trece horas.

10. Outras informacións.

Se o día sinalado para a apertura de ofertas coincide en sábado, a mesa reunirase o día seguinte hábil á mesma hora.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

O Porriño, 3 de xullo de 1998.

O alcalde

Rubridado

6644