Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 15 de xullo de 1998 Páx. 8.057

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIMORTO

ANUNCIO de licitación.

De acordo co disponsto na LCAP anúnciase a poxa con procedemento aberto da obra incluída no Fondo de Cooperación coas Entidades Locais 1998 (PIEL), conforme o prego de cláusulas administrativas xerais aprobado polo Pleno da Corporación o día 26 de decembro de 1995, publicadas no BOP nº 25 do 31 de xaneiro de 1996.

1. Obxecto.

Adxudicación das obras de abastecemento de auga a Algalia (Dormeá) e outras.

2. Tipo de licitación.

6.266.538 pesetas.

3. Prazo de execución.

6 meses desde a formalización do contrato.

4. Lugar e prazo de presentación de proposicións.

No rexistro xeral do concello, de 9 a 14 horas, durante o prazo de 26 días naturais, contados a partir

do día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

5. Fianza provisional.

2% do orzamento de licitación.

6. Fianza definitiva.

4% do importe de adxudicación.

7. Apertura de proposicións.

Terá lugar ás 12 horas do día seguinte hábil a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións; se cadrase sábado, trasladarase ó seguinte día hábil.

8. Modelo de proposicón e documentación.

As proposicións presentaranse en dous sobres A e B:

-Sobre A, subtitulado «Oferta económica». Conterá a proposicón económica formulada conforme o segunte modelo:

«Don/a ..., con domicilio en ..., concello de ..., C.P. ..., provisto/a de DNI (pasaporte ou documento que o substitúa) nº ..., actuando en nome propio (ou representación de ...), tomo parte na poxa con procedemento aberto para a adxudicación das obras comprendidas no proxecto de ..., ó tempo que fai constar:

1º Que ofrece o prezo de ... ptas. (en letra e número), IVE incluído, que significa unha baixa de ... ptas. (en letra e numero), en relación co tipo de licitación.

2º Que coñece e acepta as obrigas derivadas dos pregos de condicións do presente contrato.

3º Que xunta a documentación esixida no prego de condicións.

En ..., ... de ... de 19...

O/A licitador/a (asinado e rubricado)».

-Sobre B, subtitulado «Documentación»: conterá os documentos especificados nas bases.

Boimorto, 22 de xuño de 1998.

Luis Verea Taboada

Alcalde

6065