Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 15 de xullo de 1998 Páx. 8.044

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/117-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Loureiro II.

Situación: Forcarei.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 89 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde un apoio que se vai intercalar na L.M.T. Gradín-Vilatuxe, rematando no C.T. que se proxecta en Loureiro II, concello de Forcarei. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T. aérea, de 940 m de lonxi

tude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 15 de maio de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

5834