Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 15 de xullo de 1998 Páx. 8.043

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/114-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domcilio social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Avda. de Vigo.

Situación: Pontevedra.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 640 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a liña MUR 8.03 entre os CC.TT. Elías Prado e estación de autobuses, alimentando en bucle o C.T. que se proxecta na Avda. de Vigo, Concello de Pontevedra, C.T. de 400 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V R.B.T., subterránea, de 290 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 15 de maio de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

5836