Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 15 de xullo de 1998 Páx. 8.041

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 1998, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas e se aproba o proxecto de execución do parque eólico denominado Os Corvos. (Expediente 10/1997).

Examinado o expediente instruído por instancia de Planta Eólica de Galicia, S.A., con enderezo a efectos de notificacións en r/Goya,85 28001 Madrid, sobre autorización das instalacións do parque eólico denominado Os Corvos; esta dirección xeral ten en conta os seguintes feitos:

Primeiro.-O día 29 de setembro de 1997, Jorn Martenson, en nome e representación de Planta Eólica

de Galicia, S.A., solicitou a autorización administrativa das instalacións, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial do parque eólico denominado Os Corvos, de 10,2 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, o Real Decreto 2366/1994, do 9 de decembro, sobre instalacións hidráulicas, de coxeración e outras abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovable e Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-A solicitude someteuse a información publica, para os efectos previstos no artigo 10 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e artigo 13 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, xa citados.

Durante o prazo de información pública non se presentaron alegacións.

Terceiro.-O 26 de agosto de 1997, Planta Eólica de Galicia, S.A., solicitou o recoñecemento como instalación acollida ó réxime especial de producción eléctrica, ó abeiro do previsto no Real Decreto 2366/1994, do 9 de decembro, para o parque eólico Os Corvos.

Cuarto.-O 4 de novembro de 1997, a Dirección Xeral de Industria resolveu recoñece-la condición de instalación acollida ó réxime especial de producción eléctrica á citada instalación.

Quinto.-O 3 de abril de 1998, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de efectos ambientais do mencionado parque eólico.

Sexto.-O 26 de marzo de 1998, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio na Coruña emitiu informe favorable sobre o citado proxecto, que ten as seguintes características básicas:

Situación e coordenadas poligonais:

NomeMunicipioVértices

Os CorvosCedeira e X (Lonxitude) Y (Latitude)

Ortigueira

0.581.650 4.838.350

0.583.200 4.840.340

0.583.800 4.839.700

0.583.100 4.838.900

0.583.650 4.838.350

0.583.100 4.837.800

0.583.800 4.837.100

0.581.650 4.838.350

Nº de aeroxeradores: 17.

Potencia unitaria por aeroxerador: 600 kW.

Potencia total instalada: 10,2 MW.

Altura das torres: 44,5 m.

Diámetro das pas: 43 m.

Producción estimada: 28.600 MWh/año.

Inversión prevista: 1.552.000.000 ptas.

Fundamentos de dereito

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real Decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, citados anteriormente.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto, cumpríronse os trámites regulamentarios para a autorización da instalación dos equipos electromecánicos do parque eólico denominado Os Corvos e a aprobación do seu proxecto de execución, pero non para a declaración de utilidade pública das citadas instalacións, pois a empresa solicitante non cumpriu o trámite previsto para o efecto no artigo 52 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do Sistema Eléctrico Nacional, de aplicación a este expediente segundo o disposto na disposición transitoria segunda de la Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

1. Autorizar á Planta Eólica de Galicia, S.A., a instalación dos equipos electromecánicos do parque eólico denominado Os Corvos, que se situará nos concellos de Cariño e Ortigueira.

2. Aproba-lo proxecto de execución da instalación que se autoriza.

Todo iso de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-Planta Eólica de Galicia, S.A., para os efectos de garanti-lo cumprimento das súas obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes contado desde o outorgamento da presente autorización, unha fianza por importe de 31.040.000 pesetas, conforme o disposto no artigo 14 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A dita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11, apartado 3º do Decreto 1775/1967, do

22 de xullo, e será devolta unha vez que se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa, cun orzamento de 1.552.000.000 ptas.

Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto, será necesaria a previa autorización desta Dirección Xeral de Industria. Así mesmo, a Delegación Provincial de Industria e Comercio na Coruña poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, e deberá comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será dun ano a partir da data desta resolución.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio na Coruña inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e ó ser unha instalación que se desenvolve ó abeiro do plan eólico estratéxico denominado Pee Nordtank, verificará o cumprimento dos compromisos contraídos por Planta Eólica de Galicia, S.A. no seu plan eólico.

Quinta.-A empresa, como requisito necesario para a aplicación ás instalacións que se autorizan do réxime especial creado polo Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, deberá inscribir aquela no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xullo de 1995 (Diario Oficial de Galicia do 14-7-1995), no prazo de dous meses, contados a partir da data da acta de posta en marcha da instalación. O parque interconectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria.

Sexta.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencia ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Sétima.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento do condicionado imposto nesta resolución, así como aquelas que no seu día se emitan conforme o disposto no artigo 3.2º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia.

Oitava.-A Administración resérvase o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1175/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calqueraoutra causa excepcional que o xustifique.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse, se é o caso,

recurso ordinario ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado desde a súa publicación, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

5832