Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 14 de xullo de 1998 Páx. 7.979

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 19 de marzo de 1997, da Dependencia de Recadación de Barcelona, de notificación de providencia de constrinximento.

Polo presente edicto, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a seguir se insire non puideron ser atopados nos domicilios que figuran nos rexistros da Administración Tributaria ou a que as persoas autorizadas pola lexislación para se facer cargo das notificacións alegaron distintas causas para non as recolleren, faise sabe-lo seguinte:

Notifícaselles ós debedores, conforme o artigo 103 do Regulamento xeral de recadación (Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro), que, non tendo sido satisfeita a débeda de referencia no prazo de ingreso no período voluntario en virtude do establecido no artigo 127 da Lei xeral tributaria Comunidade Autónoma de Galicia, o órgano competente arriba indicado, acordou:

«En uso das facultades que confiren os artigos 100 e 106 do Regulamento xeral de recadación, liquido o recargo de constrinximento polo 20% do importe da débeda pendente e dicto providencia de constrinximento para que se proceda executivamente contra o patrimonio ou garantías dos debedores, en caso de non se produci-lo ingreso nos prazos sinalados no artigo 108 do citado regulamento».

Barcelona, 19 de marzo de 1997.

Alejandro Muñoz Mármol

xefe da Dependencia de Recadación

de Barcelona

Datos do contribuínteConcepto/Descrición/Obx. Trib.Clave liquidaciónImporteF. Pro. Ap.

33644670V

Álvarez Díaz, Manuel

r/ Vergara, 2, Barcelona

Trans. Exp.: 1992/07776 Liq.: 600279202C1100096270068609

Causa ausencia Notif.

ausente

16.47814-5-1996

36154310N

Dursi Girgenti, Amadeo Héctor

r/ Balmes, 353, Barcelona

Trans. T5125 piso trasteroC1100096540000634

Causa ausencia Notif.

ausente

33.64117-6-1996

14221539H

Escuredo Álvarez, Manuel

Avda. Poniente, 51; AT, Hospitalet

Sanción Exp.: 1993/40 Liq.: 008961002C1100096320053710

Causa ausencia Notif.

ausente

42.00014-5-1996

29709607R

Farre Fernández, Jaime

r/ John Lennon, 8; 4-2, Badalona

Trans. Exp.: 1993/14175 Liq.: 600300624C1100096150069026

Causa ausencia Notif.

ausente

21.86614-5-1996

Recursos.

Recurso de reposición perante o órgano que dictou a providencia de constrinximento, no prazo de 15 días contados desde o seguinte ó do recibo desta notificación ou reclamación económico-administrativa, ante o tribunal competente da dita xurisdicción, no mesmo prazo, sen que poidan simultanearse ámbolos recursos. A resolución das reclamacións económico-administrativas corresponderalles ós órganos económico-administrativos da comunidade autónoma.

Motivos de impugnación.

O procedemento de constrinximento poderá impugnarse polos seguintes motivos (artigo 138.1º da Lei xeral tributaria e artigo 99.1º do Regulamento xeral de recadación).

-Pagamento ou extinción da débeda.

-Prescrición.

-Aprazamento.

-Falta de notificación da liquidación ou anulación ou suspensión dela.

-Defecto formal no título expedido para a execución.

Suspensión do procedemento.

O procedemento de constrinximento, aínda que se interpoña recurso, só se suspenderá nos termos e condicións sinalados no artigo 101 do Regulamento xeral de recadación (R.D. 1684/1990, do 20 de decembro).

Solicitude de aprazamento.

Conforme establece o artigo 48 do Regulamento xeral de recadación, poderase aprazar ou fracciona-lo pagamento das débedas no período executivo.

A presentación das solicitudes de aprazamento ou fraccionamento efectuarase na delegación ou administracións da A.E.A.T. do territorio en que se deba efectua-lo pagamento.

Lugar de pagamento.

Na entidade que presta o servicio de caixa na delegación de administración da A.E.A.T.

Xuros de demora.

As cantidades debidas, excluído o recargo de constrinximento, devengarán xuros de demora desde o día seguinte ó do vencemento da débeda en período voluntario ata a data do seu ingreso. O tipo de xuro fixarase de acordo co establecido nos artigos 58 da Lei xeral tributaria e 36 da Lei xeral orzamentaria, segundo se trate de débedas tributarias ou non tributarias respectivamente.

Custas.

En caso de se produciren custas no procedemento, a Administración cargaralle o seu importe ó debedor, conforme o establecido nos artigos 153 e 157 do Regulamento xeral de recadación.

Prazos para efectua-lo ingreso.

(Artigo 108 do Regulamento xeral de recadación).

A) Recibida a notificación entre os días 1 e 15 de cada mes, ata o 20 do dito mes, ou inmediatamente hábil posterior.

B) Recibida a notificación entre os días 16 e último de cada mes, ata o 5 do mes seguinte, ou inmediato hábil posterior.

Comparecencia en forma do interesado.

Advírteselle ó debedor que pode comparecer, en por si ou por medio de representante, no expediente executivo que se segue contra el. Transcorridos oito días desde a publicación deste anuncio sen comparecer en forma o interesado, terase por notificado de tódalas sucesivas dilixencias ata que remate a substanciación do procedemento sen prexuízo do dereito que o asiste a comparecer.

6611