Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 14 de xullo de 1998 Páx. 7.978

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de información pública do estudio de detalle entre as rúas Aragón e San Xoán. (Expediente 4645/411).

O Consello da Xerencia de Urbanismo en sesión do 15 de maio de 1998, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle entre as rúas Aragón e San Xoán, presentado por Jorge Arias Mandado e segundo a documentación redactada polos arquitectos José R. Gago Alonso, Enrique Urdiales de Santiado e Miguel Marín Irazola, visado polo COAG os días 29 de xaneiro (memoria) e 25 de marzo (planos) de 1998, someténdoo a información pública polo prazo dun mes mediante a inserción de anuncios no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia, con notificación individual ós propietarios afectados.

O que fai público para xeral coñecemento segundo o establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, significando que o trámite de información pública se entenderá aberto desde o día da publicación do primeiro anuncio ata transcorrido un mes da última.

Así mesmo, o presente anuncio servirá de notificación nos termos previstos no artigo 42.6º da Lei 1/1997, para todos aqueles propietarios que sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou intentada esta non se puidese practicar.

O expediente atópase a disposición do público na Oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa da Casa do Concello).

Vigo, 1 de xuño de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo

5984