Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 14 de xullo de 1998 Páx. 7.978

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno deste concello, en sesión celebrada o día 15 de maio de 1998, acordou prestar aprobación inicial ó estudio de detalle presentado pola mercantil Mame Pontevedra, S.L, que ten por obxecto a ordenación de volumes na parteposterior do edificio actualmente en construcción no paseo de Silgar 25, da vila de Sanxenxo, destinado a vivendas, para ocultar un medianil existente, segundo o proxecto redactado polo arquitecto Eugenio Jiménez Passolas.

Exponse o expediente a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que as persoas ou entidades que se consideren prexudicadas ou afectadas poidan formula-las alegacións que consideren procedentes.

De conformidade co disposto no artigo 34.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia e 120 do Regulamento de planeamento urbanístico, suspéndese o outorgamento de licencias para a área do territorio obxecto do estudio.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Sanxenxo, 12 de xuño de 1998.

José Luis Rodríguez Lorenzo

Alcalde

5972