Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 14 de xullo de 1998 Páx. 7.976

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FRIOL

ANUNCIO.

Aprobado pola Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 22 de xuño do ano que corre, o prego de condicións económico-administrativas que han de rexer na contratación mediante tramitación urxente e por concurso aberto das obras do proxecto de accesos a diversos núcleos de poboación do municipio, exponse ó público polo prazo de oito días contados a partir da segunda das publicacións no BOP ou Diario Oficial de Galicia na secretaría deste concello, para os efectos previstos no artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

Friol, 29 de xuño de 1998.

Antonio Muíña Pena

Alcalde

Concurso

De conformidade co establecido no artigo 122.2º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, anúnciase simultaneamente co prego de condicións económico-administrativas a contratación mediante tramitación urxente por concurso aberto das obras do proxecto técnico de accesos a diversos núcleos do municipio; agora ben, no suposto de producírense reclamacións contra aquel, a contratación aprazarase ata que sexan resoltas pola propia corporación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Friol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: accesos a diversos núcleos do municipio.

b) Lugar de execución: Municipio de Friol.

c) Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe total: 27.841.897 ptas.

5. Garantías.

a) Provisional: 2% importe das obras.

b) Definitiva: 4% do remate.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Friol.

b) Domicilio provisional: rúa Deputación, s/n.

c) Localidade: Friol (27220).

d) Teléfono: 982 37 50 01.

e) Fax: 982 37 52 06.

f) Data límite de obtención de documentos e información: trece días contados a partir da segunda das publicacións no BOP ou Diario Oficial de Galicia.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: G-6-c.

8. Presentación de ofertas.

a) Prazo: de 9 a 14 horas, durante trece días naturais contados desde a publicación do último anuncio no BOP ou Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a prevista no prego de condicións económico-administrativas.

c) Lugar de presentación: Concello de Friol (rexistro xeral).

9. Apertura das ofertas.

No salón de sesións do Concello de Friol ás doce horas do primeiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións, non coincidente en sábado.

11. Gastos.

O contratista queda obrigado ó pagamento do importe dos anuncios e de cantos outros gastos se ocasionen con motivo dos trámites preparatorios e de formalización do contrato, así como ó pagamento dos impostos que graven a adxudicación.

Friol, 29 de xuño de 1998.

Antonio Muíña Pena

Alcalde

6628