Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 14 de xullo de 1998 Páx. 7.974

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AMOEIRO

ACORDO do 2 de xullo de 1998 polo que se anuncia concurso polo trámite ordinario, para a contratación da obra de abastecemento e saneamento en Albeiros.

Tipo de licitación: 12.300.000 ptas., IVE incluído.

Fianzas: provisional do 2% do tipo de licitación, e a definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Plicas: durante 26 días naturais a partir do último anuncio no DOG ou BOP de Ourense. Se o último día fose inhábil ou sábado, o prazo finalizará o primeiro hábil seguinte.

Apertura de plicas: terá lugar na Casa do Concello ás 13.30 horas do terceiro día hábil posterior á finalización do prazo de presentación de proposicións (excepto sábados).

Información: Secretaría do Concello de Amoeiro, de 9 a 14 h. Teléfono: 988 28 10 00 e telefax: 988 27 99 88.

As características peculiares e a documentación para tomar parte no concurso figuran no expediente que consta na secretaría do concello.

Amoeiro, 2 de xullo de 1998.

O alcalde

Rubricado

6621