Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 14 de xullo de 1998 Páx. 7.973

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 1998, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncia corrección de erros na do 12 de maio de 1998, de publicación do concurso público 6/1998 para a subministración sucesiva de material para determinacións analíticas e arrendamento e mantemento de equipos e instrumental precisos para a súa realización.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998, e logo de autorización do director xeral de Recursos Económicos do Servicio Galego de Saúde con data do 2 de abril de 1998, anuncia corrección de erros na Resolución do 12 de maio de 1998 relativa ó concurso público nº 6/1998 que ten por obxecto a subministración sucesiva de material para determinacións analíticas e arrendamento e mantemento dos equipos e instrumental precisos para a súa realización.

Corrección de erros.-Advertidos erros na Resolución do 12 de maio de 1998, publicada no DOCE nº S 114, do 16 de xuño de 1998, páxina 113, apartado 3 b), e no Diario Oficial de Galicia nº 118, do 22 de xuño de 1998, onde di: «cun orzamento máximo de 51.500.000 ESP», debe dicir: «cun orzamento máximo de 103.000.000 ESP».

6643