Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 14 de xullo de 1998 Páx. 7.969

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 15 xuño de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio da batea Machus número 4 (Cangas C, cuadrícula número 47).

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización de acordo co artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e o artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228 do 21 de noviembre) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Nome da batea: Machus nº4

Cultivo: mexillón Mytilus galloprovincialis.

Localización: cuadrícula nº 47, Cangas C.

Data da concesión: 11-10-1958 (BOE nº 289).

Data do remate da última prórroga: 3-12-2003.

Anteriores concesionarios: Jesús Piñeiro Pena (76.833.895), Nieves Cancelas Costa (76.834.907 A).

Novo titular concesión: José Antonio Carro Sequeiros (DNI 78.734.828 D).

O novo concesionario queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios,

así como ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 15 de xuño de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990, DOG nº 134 do 10-7-1990)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo (Pontevedra)

6626