Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 14 de xullo de 1998 Páx. 7.966

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/132-2, 4823 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA).

Enderezo social: r/ Cidade de Viveiro, 27000, Lugo.

Denominación: reelectrificación de Maderne.

Situación: A Fonsagrada.

Características técnicas: substitución do último van de M.T. en conductor LA-56, sobre torres metálicas. Centro de transformación de 100 kVA

20.000/380-220 V, sobre torre metálica. Redes de baixa tensión en conductor R.Z.-150-95-50, sobre apoios de formigón ou grampados sobre fachadas, para mellora do servicio eléctrico en Maderne, Concello da Fonsagrada.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 10 de xuño de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

5951