Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 14 de xullo de 1998 Páx. 7.959

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/22-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Parada-Vilouxe.

Situación: Nogueira de Ramuín.

Descricións técnicas: liña de media tensión aérea a 20 kV, de 694 m de lonxitude, en conductor tipo LA-56, con orixe no apoio nº 69 da L.M.T. a Cerreda e remata no C.T. de Parada, de 50 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V. Liña de media tensión aérea a 20 kV, de 98 m de lonxitude, en conductor tipo LA-56, con orixe no apoio nº 51 da L.M.T. Cerreda e remata no C.T, de Vilouxe, de 100 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V. Liñas de baixa tensión de Parada e Vilouxe en conductores tipo R.Z.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 1 de xuño de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

5857