Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., Guimaras-Pensos.
Situación: Esgos.
Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV de 2.298 m de lonxitude, en conductor LA-56, con orixe no apoio nº 161 da L.M.T. Xunqueira de Espadanedo-Derrasa e remate na derivación a Pardeconde.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Ourense, 25 de maio de 1998.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense
5791