Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 14 de xullo de 1998 Páx. 7.958

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/52-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T. Soutelo de Ribeira-Nocelo.

Situación: Os blancos, Xinzo de Limia, Porqueira.

Descricións técnicas: 4 liñas aéreas a 20 kV, en conductor LA-56. 1ª: de 1.254 m, con orixe en apoio nº 1 da L.M.T. proxectada Soutelo de Ribeira-Nocelo (Os Blancos) e remate en apoio nº 12 da L.M.T. proxectada Soutelo de Ribeira-Nocelo (Xinzo). 2ª: de 768 m, con orixe en apoio nº 11 da L.M.T. proxectada Soutelo de Ribeira-Nocelo (Xinzo) e remate no apoio nº 17 da L.M.T. proxectada Soutelo de Ribeira-Nocelo (Porqueira). 3º: de 604 m, con orixe no apoio nº 16 da L.M.T. proxect. Soutelo-Nocelo (Xinzo) e remate no C.T. aéreo proxect. de Nocelo. 4ª: de 87 m, con orixe en apoio da L.M.T. a repetidor TVE Os Blancos e remate no apoio da L.M.T. proxect. Soutelo de Ribeira-Nocelo (Os Blancos).

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 25 de maio de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

5855