Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 14 de xullo de 1998 Páx. 7.952

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 1998 pola que se convoca concurso aberto para a selección dunha entidade financeira para a concertación dun crédito destinado ó financiamento por medio de leasing financeiro da dotación de vehículos para o seu uso polo Parque Móbil da Xunta de Galicia e para a selección de provedores.

1. Obxecto: reposición de vehículos da flota do Parque Móbil da Xunta de Galicia mediante a concertación dun crédito por medio de leasing financeiro cunha entidade das comprendidas no ámbito da Lei 26/1988, así como selección de vehículos axeitados ó servicio ó que van ser destinados mediante a concorrencia de provedores do ramo da automoción. Todo o anterior de acordo coas especificacións administrativas e técnicas que figuran nos correspondentes pregos que están á disposición dos interesados na Consellería da Presidencia e Administración Pública, en Santiago de Compostela, edificio administrativo de San Caetano, 2ª planta.

2. Resumo das operacións contidas nos pregos de cláusulas: a título de información previa e resumida, e sen prexuízo do contido dos correspondentes pregos, adiántase un resumo das operacións que se consideran de maior interese inicialmente:

2.1. Para as entidades financeiras: o orzamento ó que as entidades financeiras acomodarán as súas proposicións de leasing financeiro é de cento dezoito millóns (118.000.000) de pesetas, pagadoiras pola Adminitración en cotas iguais na súa contía, durante un período de 48 meses, máis unha cota de opción de compra, de se-lo caso.

2.2. Para as empresas de automoción: o número de vehículos precisos para a reposición antes expresada é de 40, segundo as características técnicas e límites económicos que figuran no prego de prescricións técnicas. Así mesmo, a empresa seleccionada comprométese a deducir do custo total dos vehículos antes referidos a cantidade que, como mínimo, figura no anexo ós pregos como prezo de recompra de 52 vehículos usados propiedade da Xunta de Galicia. A resultante da dita operación dará o montante global do custo da adquisición que a entidade financeira concertará coa empresa seleccionada.

3. Prazo de presentación das proposicións: declarada a urxencia polo órgano de contratación, conforme o disposto no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas, o prazo de presentación de proposicións será de 13 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio. As proposicións presentaranse en sobre pechado no rexistro xeral da Xunta de Galicia (planta

baixa do edificio central do complexo administrativo de San Caetano-Santiago de Compostela) ou por correo, na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

No exterior dos sobres expresarase o seguinte texto: «Proposición para tomar parte no concurso aberto convocado pola Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia para a selección dunha entidade financeira para a concertación dun crédito destinado ó financiamento por medio de leasing financeiro da dotación de vehículos para o seu uso polo Parque Móbil da Xunta de Galicia e para a selección de provedores, que presenta D./Dna.... en nome... (propio ou da entidade que representa)».

4. Fianzas:

4.1. Para as entidades financeiras: garantía provisional do 2% sobre o prezo máximo de licitación.

4.2. Para as empresas de automoción: garantía provisional do 2% sobre o prezo máximo de licitación e definitiva de 4%.

5. Modelos de proposición: os que figuran anexos ós pregos de cláusulas administrativas e técnicas aplicables para cada caso (entidades financeiras e empresas de automoción).

6. Apertura de proposicións: en acto público, na sala B de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública, ás 10 horas, do día 30 de xullo de 1998.

O importe deste anuncio será por conta, a partes iguais, dos adxudicatarios da entidade financeira e da empresa de automoción, que deberán facer efectivo o seu importe antes do asinamento do contrato.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 1998.

P.D. (Orde 9-2-1990)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública

6642