Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 13 de xullo de 1998 Páx. 7.929

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MURAS

ANUNCIO de licitación para a contratación da obra denominada accesos a varios núcleos de poboación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Muras.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: execución da obra: accesos a varios núcleos de poboación.

b) Lugar de execución: Muras.

c) Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 7.275.136 ptas. (IVE incluído).

5. Garantías.

Provisional: 145.503 ptas.

Definitiva: 291.005 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Muras (secretaría).

b) Enderezo: praza do Concello, 4.

c) Localidade e código postal: 27836, Muras.

d) Teléfono e fax: 982 50 00 01 e 982 50 00 63.

e) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Presentación de ofertas.

a) Prazo: das 9 ás 14 horas, durante trece días naturais contados a partir da publicación do anuncio de licitación no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a prevista no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: Concello de Muras (rexistro xeral).

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Muras (salón de sesións).

b) Data: terceiro día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas, non coincidente en sábado; en tal caso faríase o primeiro día hábil seguinte.

c) Hora: 13 horas.

9 Gastos: serán por conta do adxudicatario os gastos de anuncios, así como outros que se deriven da formalización do contrato.

Tendo en conta que conforme o disposto no artigo 122 do Real decreto lei 781/1986, do 18 de abril, se encontra sometido a información pública o prego de cláusulas administrativas que rexerá esta contratación, segundo anuncio publicado no BOP de Lugo nº 147, do 29 de xuño de 1998, polo presente anuncio faise saber que no suposto de que se presentasen reclamacións contra os citados documentos dentro do prazo sinalado, a licitación quedará aprazada ata a súa resolución. Neste caso publicarase un novo anuncio no BOP de Lugo, con indicación da data límite de presentación das ofertas.

Muras, 30 de xuño de 1998.

Issam Alnagm Azzam

Alcalde-presidente

6004