Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 13 de xullo de 1998 Páx. 7.923

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARBO

EDICTO polo que se anuncia concurso público de procedemento aberto.

Aprobado por resolución de Alcaldía de data 10-6-1998 o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá o concurso polo procedemento aberto á seguinte obra:

Nº expediente: 1/1998.

Denominación obra: acondicionamento parcela Museo do Viño.

Orzamento: 24.580.904 ptas.

Exponse este ó público durante oito días hábiles contados desde o seguinte á publicación do presente anuncio no BOP para que poidan presentarse reclamacións.

Simultaneamente anúnciase o concurso público, se ben a licitación aprazarase, de presentarense reclamacións ó prego de cláusulas particulares.

1. Entidade adxudicadora:

a) Entidade adxudicadora: Concello de Arbo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Número de expediente: 1/1998.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: execución da obra de acondicionamento parcela Museo do Viño.

b) Lugar de execución: parroquia de Arbo.

c) Prazo de execución: 4 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamentos base de licitación:

Importe total: 24.580.904 ptas., IVE incluído.

5. Garantías:

Provisoria: para participar no concurso 2% do tipo de licitación.

Definitiva: o 4% do mesmo tipo.

6. Obtención de documentación e información:

O modelo de proposición, prego de cláusulas administrativas e demais documentación, están á disposición dos interesados nas oficinas municipais tódolos días hábiles de 9 a 14 horas.

a) Domicilio: praza Consistorio, 1.

b) Localidade e código postal: Arbo, 36430.

c) Teléfono e fax: 986 66 50 00 e 986 66 50 11.

7. Requisitos específicos do contratista:

Esíxese a seguinte clasificación: grupo C, subgrupo 2, grupo K, subgrupo 6, categoría c.

8. Presentación das ofertas e das solicitudes de participación:

a) Data e lugar de presentación das proposicións: nas oficinas deste concello de 9 a 14 horas, en sobre pechado e conforme se establece no artigo 18 do prego de cláusulas administrativas particulares da obra, no prazo de 26 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación, ben no Diario Oficial de Galicia ou no BOP.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas administrativas particulares que se atopa no concello.

9. Criterios que servirán de base á adxudicación os recollidos no artigo 20 do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Apertura das proposicións:

Terá lugar na Casa do Concello ás 13 horas do día seguinte hábil en que finalice o prazo de presentación de proposicións, e se este fora sábado, o primeiro día hábil seguinte.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Arbo, 11 de xuño de 1998.

Manuel Rivera Domínguez

Alcalde

5905