Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 13 de xullo de 1998 Páx. 7.919

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 1998, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación de arrendamento dun equipo productor de aire medicinal para o Hospital de Conxo, mediante procedemento aberto. (Expediente 66/1998).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG 11-5-1998) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

Obxecto: arrendamento dun equipo productor de aire medicinal partindo da admisión de aire atmosférico para o Hospital de Conxo.

Orzamento estimado: 22.504.240 ptas. (vintedous millóns cincocentas catro mil duascentas corenta pesetas), IVE incluído.

Fianzas:

a) Provisional: 2% do orzamento máximo autorizado.

b) Definitiva: 4% do orzamento máximo autorizado.

Constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37, respectivamente, da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Forma de adxudicación: concurso público. Procedemento aberto e ordinario.

Prazo de execución: desde o 16 de agosto de 1998, ou data do asinamento do contrato se é posterior, ata o 15 de abril de 2002.

Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

Solvencia económica e financeira: acreditarase por algún dos documentos sinalados no anexo I ó prego.

Solvencia técnica: acreditarase por algún dos documentos sinalados no anexo II ó prego.

Criterios de adxudicación:

-Prezo: ata 4 puntos.

-Calidade: ata 4 puntos.

-Servicio: ata 2 puntos.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no Departamento de Contratación Administrativa do Hospital Xeral de Galicia, rúa Galeras, s/n, 15705 Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

Clasificación: non se esixe.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Xeral de Galicia, rúa Galeras, s/n, 15705 Santiago de Compostela, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no apartado 10 do prego de cláusulas administrativas particulares. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Xeral de Galicia ás 10 horas do décimo sexto día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; en caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán presenta-los licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 1998.

Manuel Ariza López

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Santiago de Compostela

6220