Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 13 de xullo de 1998 Páx. 7.914

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da resolución do expediente sancionador I-19/97 e seis máis (incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a resolución do devandito expediente, por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e do seu Regulamento do 23 de decembro.

O importe da sanción farase efectivo por transferencia bancaria ó número de conta 2091-0388-90-3110001181 da Caixa Galicia, no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte día ó da presente publicación conforme o Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto) e unha vez producida a firmeza desta resolución, firmeza que se producirá ó non interpoñer recurso ordinario dentro do prazo. De non facelo

dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante, de acordo co artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución e no prazo dun mes poderase interpor

recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia.

Pontevedra, 1 de xuño de 1998.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

ExpedienteDenunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciadoPreceptoSanción
InfrinxidoSancionador

I-19/97Drecanal

r/ Portugal, 20-3º Esq.

36162 Monteporreiro

Abandono dun vehículoArtigo 137 e) do Regulamento á Lei de I.F.Artigo 139 do Regulamento á Lei de I.F.50.000 ptas.
I-135/97Mª del Pilar Rivas Ameal

r/ Santiña, 89-baixo

36005 Pontevedra

Abandono dun vehículoArtigo 137 e) do Regulamento á Lei de I.F.Artigo 139 do Regulamento á Lei de I.F.50.000 ptas.
I-152/97Mª del Pilar Cortes Loras

r/ Pizarro, 4

33212 Xixón

Abandono dun vehículoArtigo 137 e) do Regulamento á Lei de I.F.Artigo 139 do Regulamento á Lei de I.F.50.000 ptas.
I-166/97José Cabaleiro Fernández

Estrada de Silleda a Folgoiso do Courel, 19

36558 Folgoso do Courel

Abandono dun vehículoArtigo 137 e) do Regulamento á Lei de I.F.Artigo 139 do Regulamento á Lei de I.F.50.000 ptas.
I-321/97Miguel Barros Alonso

Veigadona-Petelos

36416 Mos

Escape de queima autorizada sen medidas de seguridadeArtigo 138 c) do Regulamento á Lei de I.F.Artigo 139 do Regulamento á Lei de I.F.10.000 ptas.
I-331/97Mª Teresa Rodríguez Cachaldora

Xoán de Novoa, 1-1º A

Ourense

Facer lume en zona forestal en época prohibidaArtigo 138 a) do Regulamento á Lei de I.F.Artigo 139 do Regulamento á Lei de I.F.25.000 ptas.
I-337/97.12Jorge Prado Noya

Trav. de Vigo, 219-2º Pta. 21

36207 Vigo

Acampada ilegal e facer fogueiras en época prohibidaArtigo 136 h) e 138 a) do Regulamento á Lei de I.F.Artigo 139 do Regulamento á Lei de I.F.2.500 ptas.

5888