Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 13 de xullo de 1998 Páx. 7.911

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 15 de xuño de 1998, conxunta da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde e da Escola Galega de Administración Sanitaria, pola que se convocan cursos de formación continua para o persoal de institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde.

Advertidos erros na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 125, do 1 de xullo de 1998, cómpre face-las seguintes correccións:

-Na páxina 7.432, no curso nº 15, denominación: saúde mental en atención primaria, na columna Lugar de celebración, onde di: «X.A.P. da Coruña-Ferrol (A Coruña)»; debe dicir: «X.A.P. da Coruña-Ferrol (Ferrol)».

-Na páxina 7.432, na táboa correspondente ó curso nº 17, denominación: enfermería clínica e relación de axuda, na columna Datas referente ó Hospital Meixoeiro, onde di: «20, 22, 27, 29 de outubro; 3, 5, 10, 12, 17, 19, 24, 26 de novembro; 1, 3 de decembro»; debe dicir: «7, 8, 9, 14, 18, 28, 29 setembro; 13, 14, 15, 29, 30 de outubro; 2, 3,

26, 27 de novembro; 14, 15, 16, 21 de decembro». Así mesmo, na mesma táboa, na columna Horario referente ó dito hospital, onde di: «16 a 19»; debe dicir: «9 a 13 e 14.30 a 18.30».

-Na páxina 7.433, no curso nº 19, denominación: metodoloxía do traballo do enfermeiro en atención primaria, na columna Lugar de celebración, onde di: «X.A.P. de Pontevedra-Vigo (Vigo)»; debe dicir: «X.A.P. de Pontevedra-Vigo (Pontevedra)».

-Na páxina 7.433, no curso nº 22, denominación: psicomotrocidade e facilitación neuromuscular propioceptiva, nas dúas edicións correspondentes ó C.H. Juan Canalejo-Marítimo de Oza e ó C.H. Arquitecto Marcide-Novoa Santos, na columna nº máximo de prazas, onde di: «40»; debe dicir: «20».

-Na páxina 7.434, onde di: «28. Denominación: curso de atención ó cidadán en atención primaria»; debe dicir: «28. Denominación: atención ó cidadán en atención primaria».

-Na páxina 7.435, no curso nº 30, denominación: coidar dos que coidan ou como traballar con familiares coidadores, na columna Lugar de celebración, onde di: «X.A.P. de Lugo»; debe dicir: «X.A.P. de Pontevedra-Vigo (Vigo)».

-Na páxina 7.436, na táboa correspondente ó curso nº 35, na columna Datas referente á X.A.P. de Lugo, onde di: «19, 20, 21, 22, 23 de novembro»; debe dicir: «19, 20, 21, 22, 23 de outubro». Na mesma táboa, na columna referente á X.A.P. de Ourense, onde di: «19, 20, 21, 22, 23 de novembro»; debe dicir: «2, 3, 4, 5, 6 de novembro».

-Na páxina 7.436, no curso nº 36, denominación: técnicas de traballos administrativos, na columna Datas correspondente ó C.H. Cristal-Piñor, onde di: «19, 20, 21, 22, 26, 27 de outubro»; debe dicir: «19, 20, 21, 22, 23, 26, 27 de outubro».

-Na páxina nº 7.437, na táboa correspondente ó curso nº 38, na columna Datas referente ó C.H. Cristal-Piñor, onde di: «21, 22, 23, 24, 25, 28, 29, 30 de setembro»; debe dicir: «21, 22, 23, 24, 25, 28, 29, 30 de setembro e 1 e 2 de outubro». Na mesma táboa, na columna Datas referente ó Hospital Montecelo, onde di: «5, 6, 7, 8, 9, 13, 14, 15, 16, 17 de outubro»; debe dicir: «5, 6, 7, 8, 9, 13, 14, 15, 16, 19 de outubro».

5940