Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 13 de xullo de 1998 Páx. 7.909

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución do expediente sancionador de epizootias 045SA/1998.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º de Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe, por infracción á Lei do 20 de decembro de 1952, sobre eopizootias (BOE

nº 358, do 23 de decembro) e o seu Regulamento do 4 de febreiro de 1995, modificado entre outros, por Real decreto 1665/1976, do 7 de maio (BOE nº 174, do 21-6-1976), por non ser posible a súa notificación.

O interesado dispón dun prazo de quince días contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno. O expediente pode ser examinado na Delegación Provincial desta consllería, sita no edificio administrativo de servicio múltiples, Monelos, A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiránselle ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a resolución do procedemento.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

A Coruña, 11 de xuño de 1998.

P.A.

Paloma Puente Sánchez

Instructora da delegación provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 045SA/1998.

Denunciado: Fernández Sedes, M. Francisco.

DNI: 32.598.260

Último enderezo coñecido: Monte Ardariz s/n, San Sadurniño, A Coruña

Feito denunciado: ter sen identificar na feira, ó abandona-la explotación de nacemento, catro animais da raza porcina.

Tipificación da infracción Regulamento de epizootias: 224 do regulamento, en relación co artigo 7 do Real decreto 205/1996.

Sanción: 18.000 ptas.

6023